Radio Repatio

Un proxecto en galego de Mattie "Mateo" O'Boyle

O proxecto Radio Repatio recolle os traballos en galego de Mattie “Mateo” O'Boyle. E porque un chorbo dos EE.UU., ten traballos en galego?

“Porque eu son coma unha charamuza, que voo pola cheminea porque ardeme o cu. Cando era rapaz, puxen un anuncio no periódico; ex-mineiro, con experiencia de facer buratos e traballar con dinamita, busca choios de noite cerca de bancos e caixas de aforros. Pero ninguén contestoume. E hai que comer. Por ende, boteime andar rúa abaixo hasta que pareime en Compostela, nos anos '90. Logho caseime con unha galagiña guapísima pero que non controla o inglés. Daquela, para mellor compartir as miñas trapalladas con ela, empecei a traballar en galego. O sexa, fagho todo por amor (hai que dicir esto se es artista, ou non!)”

No proxecto Radio Repatio, o Mateiño fai todo: as cancións, os contos, os arranxos e toca todos os instrumentos.

“Así, se non che mola algo, é doado asignar a culpa, é miña exclusivamente.”

De onde saca o material para os seus traballos?

“Pois, as peripecias da miña vida laboral enrequeceronme cunhas experiencias que traducense con facilidade en contos e cancións. Poño por caso, uns exemplos do meu currículum:

a) Traballei nun salón de beleza para vampiros, afiando cabeiros e quitando manchas de sangue das súas prendas.

b) Tiven un choio coma “cowboy” nun rancho cerca de Dallas. Tiñamos mais de 4,000,000 galiñas que cada ano tivemos que facerlles andar dende Texas hasta o ferrocarril en Omaha, Nebraska. Calor, po, indios, todo.

c) Traballei para unha cristalaría. O meu traballo foi entregar folletos dos nosos productos a todas as igrexas da zona este dos EE.UU. É, subsecuentemente, pasar pola mesma ruta unha semana despois e romper fiestras

Hasta onde vai evolucionar o proxecto Radio Repatio?

“Son un ninguén que vai para ningures, pero, o que mola nesta vida é sempre atopas peña para ir contigo....como dicía uno 'Dous acortan o camiño' ”.